Ponteceso avanza na apertura inminente da Casa do Maior da Campara cunha xornada de portas abertas

A nova Casa do Maior da Campara está a piques de ser unha realidade. Tanto é así, que o sábado, 24 de xaneiro, ás 11.30 horas terá lugar a xornada de portas abertas, un evento ao que asistirán o alcalde, José Manuel Mato, e a concelleira de Servizos Sociais, Marisé Álvarez. O rexedor subliña que será un día «importante para Ponteceso no que se dará un novo paso cara as políticas de benestar e envellecemento activo no concello».

Coa apertura desta instalación, que se financiou cunha axuda da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria de 53.153 euros, o Concello verá ampliada a súa carta de servizos e prestacións para os veciños e veciñas de máis idade. Tal e como apunta o primeiro edil, trátase da terceira casa do maior que se inaugurará desde a súa chegada á Alcaldía. A da Campara sumarase ás do Couto.

A xornada do día 24 servirá para presentar o resultado das obras executadas e para explicar os servizos que estarán dispoñibles nesta nova dependencia, situada no local social da Campara.

Related posts

O PSdeG esixe unha ‘reforma integral’ do colexio Labarta Pose de Zas

A Asemblea Aberta do Profesorado do IES Eduardo Pondal de Ponteceso súmase aos «martes en loita»

Adxudicado o proxecto para reducir as infiltracións na rede de saneamento da Laracha