Ponteceso | Avanzan as melloras viarias na estrada do Cairo ao Roncudo

1 minutes read

As obras foron executadas por EDP Renovables sen custe para o Concello, logo das diferentes reunións mantidas polo grupo de Goberno cos responsables da promotora da repotenciación do Parque Eólico de Corme. Estas obras completaranse en breve coa construción dunha cuneta formigonada de seguridade na estrada provincial do Cairo ao Roncudo, e cunha mellora do cruce que vai á Barda, que se arranxará para que quede ben o acceso á praia. «A predisposición da empresa sempre foi boa, pero é moi importante negociar ben dende o Concello para sacar o maior partido posible aos investimentos, sobre todo nestas obras onde tamén indemnizan aos propietarios e propietarias dos terreos», engadiu Lois García, alcalde de Ponteceso.