Ponteceso | Camiñar na noite | Un bonito paseo polo «Mar de Niñóns»

1 minutes read

O vindeiro venres levarase a cabo unha nova etapa de «Camiñar na Noite», será a sexta. Unha actividade na que o Concello de Ponteceso dá a coñecer os recunchos máis fermosos de cada parroquia.

Javier Couto é o encargado de facer e guiar estas fermosas rutas que sen dúbida xa son un referente único na Costa da Morte.

As persoas interesadas poden anotarse na 6ª etapa Brantúas-Niñóns, do vindeiro venres 13/08, no Rexistro Xeral do Concello de Ponteceso e na Oficina Municipal de Corme de luns a xoves (09:00 – 14:00) ou a través da Sede electrónica (sede.ponteceso.gal)

As persosas ineteresadas poden descargar o formulario na web municipal do concello www.ponteceso.gal