Ponteceso celebra a 40ª edición do Festiletras do 1 ao 4 de setembro

Cedida.

Este mércores presentouse o programa da edición número 40 do Festiletras, que terá lugar desde o xoves 1 de setembro ata o domingo 4 de setembro. Son catro días para festexar por todo o alto unha edición moi especial na que o festival cumpre 40 anos.

No programa pódese ver que van actuar artistas de todo tipo: Dios Ke Te Crew, Baiuca, Belém Tajes, Rosa Aneiros, Erica Esmorís, Quico Cadaval, Zënzar, María Canosa, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre ou as Pandereteiras do Roncudo.

O alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, agradece a participación das empresas e do voluntariado e resalta que “sen eles e sen a colaboración da Fundación Pondal, a  Asociación Montebranco, o concello de Ponteceso, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, o festival non sería posible”.

Ademais, Carballido explicaba que o Festiletras coincide este sábado co Día da Provincia da Coruña, que se vai celebrar tamén en Ponteceso. O alcalde rematou a súa intervención animando a todos e todas a achegarse ata O Couto para gozar dunha cita tan importante para a cultura galega que se está volvendo imprescindible despois de tantos anos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha