Ponteceso celebra este domingo o 29º Día da Bicicleta

Acto de presentación.

O Día da Bicicleta é unha actividade que organiza o Concello de Ponteceso para toda a familia, pais, nais, avós, fillos, netos… todos xuntos. É un paseo, non unha carreira e este ano irá dende Pazos ata Xornes.
A intención do Concello é, que cada verán, o primeiro domingo de agosto, coma sempre, se celebre o Día da Bicicleta en lugares distintos do municipio para coñecelo e gozalo.
O percorrido será o seguinte: saída da praza de Pazos, por Pazos de Arriba, Frade, Casas do Monte e Xornes (Froxán, Xornes de Arriba-Pasacundía). O avituallamento será no local social e ao rematar, volta para Pazos.
As inscricións serán o mesmo día da actividade, de 9 a 10:45 h na Praza de Pazos, punto neurálxico da actividade. Daráselle unha camiseta a cada participante, sortearanse distintos agasallos, entre eles o premio estrela, UNHA BICI e tamén terán un “cariño” para o participante de maior idade.
A organización agradece a colaboración de; Almacenes Cros, Talleres Serafín Ures, JM Carpintería, Agro-Forestal Ures Torrado, Panadería Forniños, Eroski City, Joyería Romar, Contrucciones Barca, Autocares J.Pombo, Instalacións eléctricas Germán, Carpintería Javier Pérez Cancela e Panadería Pazos, que sen eles non sería posible, conclúen.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha