Ponteceso celebra o Día do Libro regalando obras na biblioteca municipal

0 minutes read
  • O Día do Libro conmemórase o 23 de abril

Con motivo do Día Internacional do Libro, que se celebrará o próximo 23 de abril, o Concello de Ponteceso convida a toda a rapazada a que se achegue estes días ata a biblioteca municipal para recibir un libro como agasallo.

Desde a Administración local lembran que abril é un mes especial para «ter sempre presente a importancia dos libros, a lectura e a escritura» xa que a través das páxinas un pode aprender, soñar ou facer realidade moitos dos seus desexos.