40
- As persoas de entre 12 e 30 anos poden recoller un pequeno detalle de Europe Direct no MACCMO de Corme
Este domingo, 17 de abril, é o Día Europeo da Información Xuvenil e desde o Concello de Ponteceso celébrano entregando varios agasallos entre aquelas persoas de entre 12 e 30 anos que se acheguen ata o punto de Información Turística de Corme, situado no Museo de Arte
Contemporánea da Costa da Morte (MACCMO). As instalacións estarán abertas de 11:00 a 14:00 horas.
Os detalles son obsequios de Europe Direct, unha rede de centros de información que a Unión Europea utiliza para informar aos cidadáns sobre si mesma.