- As actividades terán lugar na Casa da Muller e na Fundación Eduardo Pondal, en horario de mañá e tarde
Co outono sempre chega a caída das follas, o frío, a rutina escolar e, ademais, as actividades municipais para continuar facendo as delicias de maiores e novos. No concello de Ponteceso, a Fundación Eduardo Pondal e a Casa da Muller acollerán multitude de talleres para todos os gustos como teatro, cociña, cestería ou gaita, ademais de charlas sobre saúde a cargo de varios especialistas.
As inscricións son gratuítas e poden realizarse calquera día da semana na propia Fundación. As actividades realizaranse na Casa da Muller en horario de mañá e tarde, neste caso de 16:00 a 18:00 horas.
Luns: informática e capoeira (tarde)
Martes: gaita (11:00 a 13:00 horas) e cancioneiro e cociña (tarde)
Mércores: coaching, mindfulness e costura (tarde)
Xoves: percusión (11:00 a 13:00 horas) e bonecas, papel e costura (tarde)
Venres: teatro, pirogravado e cestería (tarde)
Sábados: conciliación e robótica (10:00 a 14:00 horas)
Os domingos será o turno das charlas sobre saúde. Terán lugar na sede da Fundación Eduardo Pondal a partir das 17:00 horas e serán impartidas por diferentes profesionais: a programación iniciarase o 14 de novembro coa farmacéutica Inmaculada Díaz Varela; o 21 de novembro será o turno do fisioterapeuta Borja Couto Baña; o 28 de novembro a charla será impartida pola óptica e audioprotésica María Belén Bello Cerdeiro e Karina Becerra, do departamento de audioloxía; o 5 de decembro haberá unha coloquio a cargo da doutora Adriana Suárez Pose; o 12 de decembro tocaralle ás odontólogas Ana Belén Andrade Verdes e Sara Verdes Pereira; e a última charla será o 19 de decembro e estará impartida pola podóloga Alba Pose Gontad.