Ponteceso celebrará en novembro o XXIX Ciclo de Teatro

1 minutes read

O alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido e as concelleiras Noelia Varela e Maite Chuciño, presentaron o cartel do XXIX Ciclo de Teatro en Ponteceso. O salón de actos do Edificio das Escolas acollerá ás 22:30 horas de cada sábado unha obra de teatro diferente. O Ciclo arrinca o 5 de novembro co espectáculo da Laberca Teatro, “De algo hai que morrer”. A semana seguinte tocaralle a Culturactiva SCG, que interpretará “Conexión Pingüin”. O sábado 19 de novembro será a quenda de Matrioshka Teatro coa súa obra “Comando Comadres” e, por último, o 26 de novembro pechará o Ciclo A Panadaría SCG co espectáculo “As que limpan”. O aforo é limitado e as entradas poden reservarse no departamento de Cultura, na mesma semana da obra ou unha hora antes da función.