36
- Repartíronse premios por só participar
A vila de Ponteceso gozou este domingo do Entroido grazas ao desfile de disfraces que este ano celebrou a súa 28º edición. Desde o goberno local destacan a «gran participación» neste evento rematou no pavillón municipal.
En total participaron seis comparsas: Souvenirs, Souvenirs; A familia Telerín, Pallá voy, Os paiasos da tele, Os bombeiros con flow e Os Minicraferos. Todas recibiron un premio en función do número de integrantes: 250 euros para as comparsas con 11 ou máis membros, 200 para aquelas conformadas por entre 6 e 10 persoas e 100 euros para as de 5 ou menos participantes.
A maiores, dous rapaces conseguiron un premio de 350 euros por decisión dos propios concursantes.