Ponteceso | Charla formativa para o uso correcto de composteiros

1 minutes read
  • Será este sábado 18 de setembro, ás 11:00 horas, na biblioteca do edificio do Melga

Este sábado 18, a partir das 11:00 horas, un técnico de Sogama impartirá unha charla informativa sobre o correcto uso dos composteiros e sobre como preparar o propio compost. Será na biblioteca do edificio do Melga, no centro culrural de Ponteceso.

Os participantes deberán inscribirse previamente contactando co Concello no 981 714 000. Tras a sesión informativa cada un será obsequiado cun composteiro, ata fin de existencias, para poñer en práctica o aprendido.

Con esta xornada, o Concello de Ponteceso continúa fomentando o coidado do medio ambiente «reducindo con este tipo de iniciativas os refugallos orgánicos que se depositan nos colectores», sinalan desde o consistorio.