Ponteceso clausurou o programa «Camiñar na noite»

1 minutes read
Imaxe de arquivo de 'Camiñar na noite 2021'_Concello de Ponteceso

Esta fin de semana tivo lugar a derradeira ruta do programa organizado polo Concello de Ponteceso «Camiñar na noite».
Unha vez máis a iniciativa foi moi ben acollida polos camiñantes e para esta oitava andaina participaron unhas 40 persoas, que durante seis quilómetros percorreron os lugares de Cores e Nemeño. Ao igual que na anterior, o profesor de historia, Luis Giadás, foi o encargado de debullarlles as curiosidades e a historia dos lugares polos que transcorreu.
Para poñer o peche ao programa e a propia andaina, a música non faltou grazas a Suso, gaiteiro de Mens, que amenizou a noite para o desfrute de todas e todos os camiñantes.
Cunha participación media de 35 persoas por andaina, o Concello de Ponteceso agradece a participación de todas e todos tanto nesta última ruta como nas anteriores, que grazas e eles o programa “Camiñar na noite” colleitou nesta edición un novo éxito.