Ponteceso clausurou a primeira quenda do curso ‘Mellora a túa horta’


O obxectivo deste curso foi dotar aos alumn@s das ferramentas básicas para poder interpretar e solucionar os diversos problemas que poidan ter na horta e mellorar a eficiencia das mesmas. Aprenderon principios básicos da bioloxía e fisioloxía das plantas, a preparación do terreo, diferentes técnicas de cultivo, de fertilización e os factores climáticos . O profesor tamén explicou as diferentes enfermidades e pragas que se poden atopar na horta. A vindeira semana comeza a segunda quenda na que participarán 28 persoas. O alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido entregou os diplomas e os agasallos de Agromens e Coreber de Pazos aos vinteseis participantes da primeira queda do curso “Mellora a túa horta” no edificio das Escolas de Ponteceso.