Ponteceso | Concello e Sogama buscan mellorar a planta de residuos sólidos urbanos de Tella

Imagen de la planta de transferencia de residuos sólidos urbanos de Tella_Cedida

  • O rexedor pide que se aumente o emprego na planta sen que supoña un aumento do custo para os catro concellos implicados

O alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, reuniuse este mércores co presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, para tratar a posible mellora da planta de transferencia de residuos sólidos urbanos do parque empresarial de Tella, e na que se investirían máis de 800.000 euros.

Na actualidade empréganse funís para baleirar os residuos de fracción inorgánica en contedores con empacadora incorporada, que collen un máximo de 8 toneladas e dan problemas de mantemento e xestión. Os residuos do contedor amarelo deben ser transportados a Cerceda, pois non existe recollida do contedor marrón nos catro concellos que usan a infraestrutura de Tella, que son Malpica, Ponteceso, Cabana de Bergantiños e Laxe.

Carballido pide que se aumente o emprego na planta sen que supoña un aumento do custo para os catro concellos implicados.

O presidente de Sogama asegurou que se trata dun plan bienal, que dependerá das licitacións de diversas plantas, polo que non é un investimento a curto prazo. Tamén asegurou que non haberá ningún tipo de molestia nin afección ambiental; moi ao contrario, mellorarase a compatibilidade da xestión dos residuos cos obxectivos da Axenda 2030.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha