Nesta Sala situada na planta soto do Edificio das Escolas de Ponteceso as persoas usuarias poderán socializar mentres melloran a súa saúde e a súa calidade de vida. A zona estará permanentemente videovixiada e funcionará con reserva previa, de luns a domingo de 06:00 h a 23:00 h. O Concello usará o persoal administrativo de servizos sociais, para xestionar aos usuarios os permisos de acceso, para darlles prioridade absoluta á hora de garantirlles acceso preferente á instalación aos colectivos sociais. Vai contar con cinta de correr, dúas bicicletas elípticas, bicicleta de spinning, máquina de remo, dous bancos multiposición, banco multiexercicios, mancuernas e barras, así como kettlebells ou pesas rusas, e gomas elásticas, Todo o chan da Sala é acolchado. Para reservar dúas sesións, gratis, hai que ir á páxina do Concello de Ponteceso.
Tamén se estrea a Aula Mentor, no Centro Cultural de Ponteceso, con cursos de formación en liña