30
- As melloras superan os 100.000 euros de inversión
O alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, visitou este xoves as obras de instalación dos novos transformadores situados na Rúa do Concello. As melloras, realizadas pola distribuidora de Naturgy, superan os 100.000 euros de inversión coa renovación total dos equipos e da liña.
Grazas a esta inversión, Ponteceso vai ter unha segunda liña adicional para que, no caso de que falle unha delas, non se produza un corte de luz en ningún momento. Esta medida beneficiará aos veciños de Ponteceso e tamén a algunhas vivendas de Malpica.