A corporación municipal de Ponteceso celebra este xoves o pleno de organización no que se exporán catro dedicacións e unha asesoría para o alcalde a modo de cargo de confianza. José Manuel Mato percibirá 36.000 euros brutos anuais por unha dedicación parcial do 75%. O edil do PP, Constantino Fernández Vila, recibirá 32.400 euros para coordinar o departamento de Obras, Infraestruturas, Urbanismo e Festexos e María Josefa Álvarez Bugallo un total de 27.000 euros e estará á fronte de Servizos Sociais, Sanidade, Igualdade, Muller e Educación. Haberá unha cuarta dedicación parcial para a edila do Partido Galego, Raquel Fondo, que cobrará 16.200 euros brutos anuais e dirixirá o departamento de Deportes. Terá unha dedicación do 50%. O mandatario tamén terá un cargo de confianza a modo de asesora que terá como salario 16.200 euros anuais.
0