Ponteceso contrata unha auditoría para tratar de minimizar as perdas de auga

Cedida.

O Concello de Ponteceso está seguindo a folla de ruta proposta pola Xunta e contratou unha auditoría de abastecemento que estuda os diferentes puntos de captación do Concello (os mananciais de Cuíña, do Couto e a captación do río Anllóns), analiza o estado do río Anllóns, as instalacións de tratamento de auga potable, a eficiencia dos bombeos de auga e dos depósitos de distribución. Ademais, elaborarase unha memoria detallada do sistema de abastecemento e farase un balance hídrico e un plan de actuacións e propostas para facer un mellor uso da auga. O alcalde, Xosé Lois García Carballido, supervisou as zonas obxecto da auditoría co responsable da empresa consesionaria de aguas. Con todo iso, logo abordarase a posibilidade de conseguir Fondos Next Generation para poder completar a mellora do abastecemento de Ponteceso.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha