- Trátase dunha carreira, con seis quilómetros de percorrido, a favor do pobo ucraíno
A segunda edición da carreira popular ‘Faro Roncudo. Corre por Ucraína’ que se celebrará en Ponteceso este domingo, día 10, obrigará a cortar o acceso rodado pola estrada que vai do faro á praza da Ribeira, en Corme-Porto. As restricións estarán activas das 10:30 horas ás 13:05 horas, aproximadamente. Durante este período de tempo só estará permitido o acceso a emerxencias da Autoridade Portuaria. Tamén estará prohibido aparcar na zona de meta, situada no paseo marítimo.
Aínda é posible participar neste evento, que conta cun percorrido dun seis quilómetros e que arrincará ás 11:00 horas da praza da Ribeira ata o faro, con volta ao mesmo punto. As persoas interesadas poden inscribirse en www.carreigasgalegas.com antes de que remate este xoves, día 7.