Ponteceso dá un «respiro» ás familias do concello cun programa de conciliación estival

Programa Respira_Concello de Ponteceso

  • Dirixido a nenos de entre 3 e 12 anos, o prazo para solicitar praza rematará o 11 de xuño

O Concello de Ponteceso poñerá en marcha o programa Respira, dirixido a nenos do municipio de entre 3 e 12 anos co obxectivo de facilitarlles aos seus proxenitores a conciliación laboral e familiar. Os solicitantes deberán acreditar «a necesidade de conciliación», sinalan desde o Goberno local, e ademais deberán cumprir cos requisitos de renda familiar.

Esta iniciativa, de balde, desenvolverase durante os meses de xullo e agosto, en horario de 9:30 a 13:30 horas. As prazas outorgaranse por orde de inscrición e poderanse solicitar entre os días 7 e 11 de xuño, ambos inclusive.

Máis información chamando ao teléfono 881 983 223.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha