O Concello instalará un stand no que, ademais de folletos divulgativos do decálogo contra a violencia de xénero e os teléfonos de información e atención ás vítimas, repartiranse pulseiras e outros obxectos promocionais. Persoal de Servizos Sociais e Cultura, así coma as concelleiras de Servizos Sociais e Turismo. Dúas educadoras de rúa reforzarán a información a pé de rúa.
Tamén se distribuirá cartelería polos establecementos comerciais e hostaleiros, nestes últimos tamén nos aseos, xa que o obxectivo da campaña é chegar ao maior número posible de persoas contando coa colaboración da sociedade e, dun xeito especial, daqueles sectores que poden axudar a darlle a maior visibilidade.