31
Este martes, os nenos e nenas que participaron este verán no Campamento Concilia do Concello de Ponteceso desfrutaron dunha xornada na contorna da praia de Balarés. A través do programa ‘Concilia Ambiental’, organizado pola Área de Turismo, os máis pequenos puideron tomar conciencia da importancia de coidar o noso entorno e o medio ambiente.
Durante a actividade coñeceron un pouco máis a zona e realizaron unha recollida de lixo.
