Ponteceso é un dos primeiros concellos da provincia da Coruña en ter selecionado, por concurso-oposición, ás cinco persoas que van ter contrato como mínimo ata finais de novembro como parte do Plan de Emprego Local (PEL). A Deputación da Coruña duplicou os fondos este ano para a contratación de persoas desempregadas en Ponteceso, aumentando de 37.000 euros no 2020 a 74.000 euros para o 2021. Os perfís seleccionados foron un condutor/a, dous albaneis e dous operarios/as de servizos básicos. Os condutores/as foron examinados no uso do camión guindastre e cesta municipal e están provistos do curso denominado CAP que os habilita para conducir este vehículo. Tamén van permitir que o tractor municipal de desbroce funcione máis horas por semana. As persoas operarias que non entren a unha das dúas prazas van poder traballar na limpeza de praias.
22