42
Está dirixida a nenos e nenas empadroados na provincia, nados entre o 1 de xaneiro de 2004 e o 31 de decembro de 2013. Levarase a cabo en diferentes quendas, que terán unha duración de unha semana e nas que se farán dous grupos: de mañá, de 10 a 14 horas, e de tarde, de 16 a 20 horas. É imprescindible que os participantes saiban nadar.
A primeira quenda será en Cariño, do 18 ao 22 de xullo; a segunda en Mugardos, do 25 ao 29 de xullo; a terceira en Pontedeume, do 1 ao 5 de agosto; a cuarta en Ponteceso, do 8 ao 12 de agosto; a quinta en Dumbría, do 15 ao 19 de agosto; e a sexta e última en Rianxo, do 22 ao 16 de agosto. O prezo desta actividade é de 25 euros e cada Concello habilitou o seu prazo e método para anotarse.