Ponteceso e Fisterra, candidatos aos premios Pobo Marítimo Galego do Ano

Concello de Ponteceso

  • Compiten contra Baiona e Combarro e os internautas poden votar ata o 4 de xullo.

Dun total de 26 localidades participantes Ponteceso, Fisterra, Baiona e Combarro son os finalistas aos premios Pobo Marítimo Galego do Ano tras a decisión dun grupo de expertos. Sen embargo, son os internautas os que teñen a última palabra. As votacións poden realizarse ata o 4 de xullo a través desta páxina web. Os gañadores daranse a coñecer o próximo día 6 nunha gala especial.