A ponte do Anllóns en Ponteceso e a casa consistorial de Vimianzo ilumináronse esta noite coas cores da bandeira da Ucraína en solidariedade cos seus habitantes tras a invasión iniciada por Rusia hai máis dunha semana.
Concentración silenciosa en Ponteceso
A localidade de Pondal tamén convoca para este mércores, ás 12 horas, unha concentración silenciosa de cinco minutos fronte á Casa do Concello.