Ponteceso «espreme» as axudas da Xunta e Deputación para a contratación de persoal

1 minutes read
  • O Goberno local destaca que a perda do POS dificulta o mantemento dos espazos públicos

Ponteceso está a «espremer ao máximo» as subvencións dispoñibles para o fomento do emprego tanto por parte da Xunta de Galicia como da Deputación da Coruña. «Contratamos xa a catro socorristas, dúas técnicos de turismo e unha técnico de museo», sinalou o rexedor, Lois García Carballido. Ademais, con fondos propios tamén é posible contar «cunha auxiliar de policía local», e está previsto que outro comece a traballar a semana que vén.

Sen embargo, desde a Administración local manifestan que a perda de 16 contratos dentro do Plan de Emprego Social «pola renuncia da oposición municipal a apoiar o POS provincial» estase notando agora na dificultade para manter os espazos públicos. A pesar disto o Concello reforzou «as contratacións con fondos provinciais, contratando a cinco operarios para limpeza manual de praias e dous operarios do Plan de Emprego Local», destacou o alcalde, sinalando ademais que «se conseguimos fondos extra convocaremos máis prazas».