Ponteceso | Éxito de asistencia ás rutas nocturnas «Camiñar na Noite» 

1 minutes read

O programa organizado polo Concello de Ponteceso, “Camiñar na noite”, estás sendo todo un éxito. Na última saída, 76 persoas gozaron dunha fermosa camiñata nocturna por Corme, na que non faltaron os momentos de diversión. A ruta, de seis quilómetros, saíu da Praza da Ribeira ás 21.30 horas. A seguinte andaina será este venres, 5 de agosto, e sairá do local social de Xornes.

As prazas non son  limitadas, polo que o Concello de Ponteceso anima a todas as persoas que o desexen a participar nesta iniciativa. As inscricións poden realizarse de luns a xoves de cada semana de 09:00 a 14:00 horas no Rexistro Xeral do Concello ou na Oficina Municipal de Corme, así como tamén, a través da sede electrónica do Concello de Ponteceso. 

Para máis información, pódese contactar coa Área de Turismo do Concello a través dos teléfonos 981 714 000 e 881 984 470 ou do correo electrónico turismoponteceso@ponteceso.net