A Concellería de Servizos Sociais de Ponteceso, a través do seu departamento de Educación Familiar, puxo en marcha un ano máis, o programa Concilia en Pascua, un servizo de atención ás familias do municipio creado para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións escolares.
Esta iniciativa, dirixida a nenos e nenas de 4 a 12 anos, desenvolverase os días 15, 16 e 17 de abril, tanto no edificio das escolas de Ponteceso como no polideportivo municipal de Corme. Durante os tres días realizaranse actividades lúdicas e recreativas para fomentar o xogo, a creatividade e as relacións sociais entre os/as participantes.
As familias interesadas poderán inscribirse do luns 8 ao xoves 11 (ambos incluídos) tanto no departamento de Educación Familiar do Concello de Ponteceso (881 983 223) como na Oficina Municipal de Corme (981 738 428). O horario de atención ao público é de 09.00 a 14.00. O número de prazas é limitado.