Ponteceso fará unha recepción oficial ao club deportivo Flechas por un Tubo

O Concello de Ponteceso fará unha recepción este venres ás 18.00 horas, no salón de plenos do consistorio, ás arqueiras do club deportivo Flechas por un Tubo e a súa directiva, para recoñecer os éxitos acadados. 

As arqueiras Lucía Castro Fondo e Leonor Andrade Varela, que se proclamaron campiona Galega (Leonor Andrade Varela) e medalla de bronce (Lucía Castro Fondo), mais as alevins Aroa vigueret Martínez e Jimena Extremera Toja.
Volveron a participar na quinta tirada correspondente a Liga Galega de tiro con arco en sala e Torneo Federación “Luis Vera Moreno”. Celebrado este domingo en Soutomaior (Pontevedra).
Quedando outra vez nos primeiros postos:
• Lucía Castro Fondo, 1° posto. (Flechas por un Tubo)
• Leonor Andrade Varela, 2° posto. (Flechas por un Tubo)
• Lua Teijeiro Aneiros, 3°posto (Arco Narón)
Asegurando de esta maneira os puntos mínimos necesarios para acceder o Campionato de España.
Na categoría alevin as nosas arqueiras tamen fixeron unha excelente labor acabando o 3°e o 6° quedando da seguinte forma:
• Adriana Rodriguez Soto, 1° posto.(Arco Ferrol)
• Daniela Exposito Gómez, 2° posto. (Eiroás)
• Aroa Vigueret Martínez, 3° posto. (Flechas por un Tubo)
Aroa Vigueret Martínez tamen acadou os puntos mínimos para acceder o Campionato de España.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha