Ponteceso | Homenaxe a todas as persoas que loitan contra o cancro


Alumnado de infantil e primaria e as súas familias, inaugurarán un xardín rosa e verde en memoria de todas as persoas que faleceron por esta enfermidade.
O xardín é un monumento natural que o Concello de Ponteceso quere instalar, no xardín municipal do paseo fluvial do Río Anllóns premiado por Vilas en Flor, para homenaxear a todas as persoas que nos deixaron loitando contra a enfermidade, e a todo o sector sanitario que axuda ás persoas que o están a padecer.
Jardinería Arce, concesionaria do servizo de xardinería municipal, explicará brevemente aos pequenos os coidados das plantas de exterior no inverno e o significado do rosa e azul das plantas.
Para rematar, o alumnado poderá gozar de xogos colaborativos, baile, animación e logo desfrutarán dun chocolate e pan recentemente feito dunha panadería local a cargo do Concello de Ponteceso.