31
- O 2 de abril a Fonte de Corme e a Ponte de Ponteceso ilumináranse no marco da iniciativa ‘Light it up blue’
O 2 de abril celébrase o Día Mundial da Concienciación do Autismo, motivo polo que o Concello de Ponteceso decidiu unirse á iniciativa mundial ‘Light it up blue’ iluminando de azul dúas das súas construcións máis significativas como a Ponte e a Fonte de Corme.
A imaxe deste edificios sumarase aos máis de 450 monumentos de toda España como mostra de apoio e solidariedade coas persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e as súas familias.
O TEA é un trastorno de orixe neurobiolóxica que afecta á configuración do sistema nervioso e ao funcionamento cerebral, dando lugar a dificultades en dúas áreas principalmente: a comunicación e interacción social e a flexibilidade do pensamento e da conduta.