Ponteceso ilumínase de verde para conmemorar o Día Mundial sen Alcol

1 minutes read

O Concello de Ponteceso súmase ao Día Mundial sen Alcol para concienciar dos danos a nivel psicolóxico e físico causados polo seu consumo excesivo.

Lembramos a todas as persoas que estean pasando por unha situación compicada do consumo do mesmo que, dende a concellería de Asuntos Sociais, poden axudarlles, ademais, desde o Concello mandan unha mensaxe de apoio e ánimo a todas as persoas afectadas por enfermidades derivadas do alcolismo e as súas familias.

Por todo isto, e como acto simbólico, a Ponte de Ponteceso, permanecerá iluminada de cor verde a petición da asociación Vieiro coa que colabora activamente o Concello de Ponteceso.