31
- O servizo iniciarase a semana que vén e realizarase mediante o sistema “porta a porta”
O Concello de Ponteceso comezará o próximo luns, 14 de setembro, o proceso de implantación dun servizo de recollida e reciclaxe de residuos urbanos especiais, aqueles que polas súas características precisan dun tratamento especial. Aceites de cociña, graxas e mantecas, pilas e baterías, bombillas, electrodomésticos e electrónicos pequenos do fogar ou roupa son algúns dos exemplos.
O proceso de implantación consistirá na recollida de aceita vexetal usado, na entrega do díptico e dun adhesivo coa data de recollida prevista e nunha charla informativa «porta a porta».
Todos os elementos para reciclar deberán depositarse fóra da vivenda e nun lugar accesible o día previsto da recollida, antes das 09.00 horas.