O alcalde de Ponteceso e presidente da Fundación Eduardo Pondal, Xosé Lois García Carballido, asistiu este sábado á inauguración do Espazo Educar, no Couto. Rapaces e rapazas de Infantil e Primaria participan nos cursos onde aprenden robótica, ximnasia, expresión corporal e a preparar almorzos saudables.
O rexedor tamén participou na experiencia da cociña saudable no colexio Eduardo Pondal.
No evento a comunidade educativa da Costa da Morte, medios de comunicación e o GDR puideron comprobar como facer un menú saudable e ecolóxico de baixo custo.
Neste programa, no que destaca a cociñeira pontecesá Sandra Varela, contou coa participación de cociñeiros de distintos puntos de España como Palma de Mallorca, Zaragoza ou Madrid.
O alcalde felicitou a Sandra, e aos membros da rede Menjadors Ecològics, e animounos a seguir participando nesta interesante iniciativa para conseguir que as nenas e os nenos dos colexios, residencias de maiores e outros centros comunitarios, podan acceder a menús moi saudables, coidando a saúde é a vez fomentar a economía de proximidade favorecendo así ós pequenos produtores e produtoras locais.