O Concello de Ponteceso segue a ofrecer propostas este Nadal coa inauguración do “Belén Social da Trabe” realizado fai máis de 25 anos no obradoiro de Feituras e que se poderá visitar ata o vindeiro 6 de xaneiro.
Ao acto de inauguración asistiron as Amas de Casa de Ponteceso, o alcalde Xosé Lois García Carballido e a tenente alcalde, Noelia Varela.
Un espectacular Belén cunha composición de pezas artesanais en barro que forman escenas tradicionais compostas de máis de 150 pezas, entre as que destacan edificacións, figuras do Nadal, esceas típica do rural e cunha orixinal posta en escena moi coidada.
Ademais, a ambos lados do escaparate pódese contemplar unha pequena homenaxe á Feira da Trabe con sacos de fabas, cabazos e outros elementos tradicionais realizados polas Amas de Casa da vila.
Dende o Concello convidan a todos o veciños, veciñas e visitantes a aproveitar a oportunidade de ver este espectacular Belén en horario comercial de 10:00 ás 20.30 horas na na antiga zapatería a Pesqueira da Avenida Eduardo Pondal de Ponteceso. Reiterando o agradecemento ao propietario deste local a súa cesión desinteresada para exhibir no escaparate este Belén Solidario.