O pleno do Concello aprobou, nunha sesión extraordinaria celebrada na mañá deste martes, as contas municipais, que prevén un equilibrio total entre gastos e ingresos de 6.550.000 euros. Os tres votos a favor do Partido Popular, os dous de Partido Galego e o único de Agrupación de electores Adiante por Ponteceso superaron ao voto en contra de Espazo Común e ás tres abstencións do PSdeG-PSOE e foron suficientes para darlle luz verde a estes orzamentos para 2024.
Desde a Asemblea do BNG de Ponteceso emitiron un comunicado no que afirman que «os plenos deben ser celebrados sempre pola tarde, en horario compatíbel cos horarios laborais da maioría da veciñanza para que esta poida acudir a eles, para fomentar a participación cidadá na política e non abundar na desafección política da sociedade».
Os nacionalistas tamén dín «lamentar profundamente que o goberno municipal non explorara ningunha vía de diálogo con toda a oposición. Despois dun orzamento prorrogado desde 2020, esta era unha ocasión marabillosa para buscar consenso con todas as forzas políticas e sacar adiante un orzamento co apoio unánime do pleno».Descoñecemos o porque das prisas para non tentar ese diálogo e conformarse coa suma mínima dos votos precisos para aprobar o orzamento.
«Descoñecemos o porque das prisas para non tentar ese diálogo e conformarse coa suma mínima dos votos precisos para aprobar o orzamento», conclúen dende o BNG local.
A maiores, na sesión plenaria tamén foron aprobadas as novas ordenanzas reguladora e fiscal de vaos e reservas de espazo do dominio público. A ordenanza reguladora foi aprobada cos votos a favor do PP (tres) e Partido Galego (dous). Mentes, PSOE (tres) e Espazo en Común (un) votaron en contra. O edil de Adiante por Ponteceso abstívose. O novo texto permitirá autorizar a creación de vaos de catro modalidades: permanentes, permanentes provisionais, laborais e de obra.
Mentres, coa ordenanza fiscal, establécese o necesario marco para cuantificar as taxas correspondentes á licencia deses vaos, pero tamén a cuantificación de infraccións tributarias e sancións no caso de impedir o paso nestes espazos reservados.