Ponteceso inviste 100.000 euros para crear un novo barrio de vivendas unifamiliares en Pazos de Arriba

1 minutes read
  • Pazos, Corme, Tella, Cospindo, Tallo e A Graña son as parroquias nas que máis vivendas unifamiliares se están construíndo

O alcalde, Lois García Carballido, o concelleiro de Obras e Servizos, Miguel Ángel González, e a concelleira de Pazos Maite Chouciño supervisaron este martes as obras que está a acometer a empresa Barnacle na zona do Xardín, en Pazos de Arriba, co obxectivo de dotala das condicións idóneas para a creación dun novo barrio de vivendas unifamiliares.

O Concello está a realizar un investimento de 100.000 euros para dotar dos servizos necesarios «35 parcelas que agora son edificables e que contan cos servizos de abastecemento de auga, recollida de pluviais e saneamento», destacou Maite Chouciño.

A actuación en marcha inclúe, segundo o concelleiro de Obras e Servizos, o acondicionamento da rede viaria nunha lonxitude de 517 metros co obxectivo de ampliar o ancho nun metro e mellorar a capa de rodaxe con aglomerado en quente.

O alcalde apuntou que Pazos, Corme, Tella, Cospindo, Tallo e A Graña son as parroquias nas que máis vivendas unifamiliares se están construíndo. «A vivenda unifamiliar sinalou García Carballido está de moda entre as parellas novas, e dende o Concello imos facer un esforzo para dotalas de servizos», engadiu o rexedor.