O Concello de Ponteceso abre o prazo para inscribirse no curso “Mellora a túa horta”. Mediante esta iniciativa, o Concello, ofrece formación práctica para mellorar o coñecemento, seguridade e productividade da utilización de hortas a nivel non profesional. O curso é presencial, ten unha duración de 15 horas e desenvolverase dende o día 13 ata o 17 de marzo, no Edificio das Escolas de Ponteceso. As persoas interesadas poden anotarse chamando ao Concello de Ponteceso no 981 714 000 de 9.00 a 14.00 horas ou enviando un WhatsApp ao 665328775.