28
Ponteceso segue adxudicando vivendas para familias vulnerables. «As familias que viven nas vivendas dos mestres, adxudicadas hai máis de dous anos xa, amosan a súa gran satisfacción, así que imos multiplicar esa oferta e para iso hai que inscribirse no rexistro único autonómico» declarou o Alcalde. O Concello habilita o teléfono 881983223, un correo electrónico de información, e tamén de forma presencial, para facilitar os trámites. A concelleira Noelia Varela, responsable de Servizos Sociais, anunciou a persoa responsable no Concello: «Axudamos ás persoas interesadas directamente a inscribirse, acudindo ao Concello ou poñéndose en contacto» declarou a tenente de Alcalde.