Ponteceso logra a renovación integral da iluminación no peirao de Corme

O peirao de Corme contará proximamente cun sistema de iluminación completamente renovado. Portos de Galicia está a executar estes traballos tras a solicitude trasladada polo alcalde de Ponteceso, José Manuel Mato.

O rexedor agradeceu a boa disposición e dilixencia da Consellería do Mar e Portos de Galicia e, en particular, do presidente do organismo, José Antonio Álvarez Vidal, para atender as peticións formuladas polo Concello.

A actuación ponse en marcha despois de que o alcalde trasladase ao ente as incidencias comunicadas polos veciños e veciñas da zona, relacionadas co estado da iluminación.

Unha vez rematadas as obras, o peirao de Corme contará cunha renovación integral do alumeado, mellorándose así a seguridade e a visibilidade nun espazo clave para a actividade portuaria e para a veciñanza.

Related posts

Zas acolleu a presentación do libro “Que quede entre nós”

O Festival de Humor da Laracha regresará no mes de maio

A parroquia de Carballo cede un local á asociación Un Paso Máis para facilitar a súa actividade social