Ponteceso logra tres ‘Flores de Honra’ no certame Vilas en Flor

Concello de Ponteceso

  • Estes galardóns premian as boas políticas medioambientais desenvolvidas nos concellos de menos de 40.000 habitantes

Este mércores o Concello de Ponteceso foi distinguido por primeira vez con tres ‘Flores de Honra’ no certame Vilas en Flor. Este evento, organizado pola Fundación Juana de Vega, premia aquelas accións realizadas polos concellos de menos de 40.000 habitantes con respecto ás melloras dos espazos verdes nas zonas urbanas e o desenvolvemento de políticas ambientais.

Este é o terceiro ano consecutivo que o Concello de Ponteceso logra este recoñecemento, pasando de dúas flores a tres. O rexedor, Lois García Carballido, sinalou que «non chega con poñer flores» senón que «hai que traballar todos os días do ano» xa que se trata dun «atractivo máis para visitar o noso concello».