Ponteceso | Máis de 40 persoas percorreron a zona da Bugalleira a través de ‘Camiñar na noite’

0 minutes read
  • Está aberto o prazo para inscribirse na última ruta do programa, que se realizará o próximo venres

Máis de corenta persoas participaron na sétima ruta da iniciativa ‘Camiñar na noite’ organizada polo Concello de Ponteceso. Desta vez os participantes percorreron a zona de A Bugalleira nunha andaina de seis quilómetros. Luis Giadás, mestre de historia, foi o encargado de descubrir aos camiñantes a historia das torres de Tallo.

A seguinte ruta realizarase o día 3 de setembro e desenvolverase por Cores e Nemeño. O prazo de inscrición para anotarse está aberto. Máis información na web municipal.