Ponteceso mantense inmerso na execución de obras por máis de 1,5 M€

1 minutes read
  • A mellora das instalacións deportivas, o acondicionamento da rede viaria e as obras de renovación da rede de auga en Corme xa están en marcha

O goberno local de Ponteceso dá a benvida ao 2020 inmerso na acometida de varios proxectos cos que pretende seguir transformando o municipio para dotalo de mellores infraestruturas e novos servizos cos que incrementar a calidade de vida da veciñanza. Nestes momentos, a Concellería de Obras que dirixe Miguel Ángel González ten en marcha un paquete de actuacións en fase de execución e/ou adxudicación, por valor de 1.689.710 €, que van desde a reforma do campo de fútbol de O Pinguel, e diversas melloras no do Cairo en Corme, ata a mellora da rede viaria en varias parroquias do Concello.