Ponteceso mellora a seguridade viaria coa instalación de coxíns berlineses

0 minutes read
Cedida

Coa nova aplicación da normativa de circulación, na que se especifica que nos centros urbáns a velocidade está limitada 30 km/hora, o Concello de Ponteceso acaba de instalar varios coxíns berlineses en diferentes zonas da vila para reducir a velocidade na mesma. Este mecanismo de seguridade tamén axudará a controlar o acceso á Praza da Bugalleira, na contorna da Ribeira e en Corme Porto.