Ponteceso mellora a seguridade viaria en Niñóns cun muro de contención de 45 metros

Muro de contención en Niñóns_Concello de Ponteceso

  • As obras están financiadas pola Deputación da Coruña

Xa están en marcha no concello de Ponteceso as obras de construción dun gran muro de contención en Niñóns, de 45 metros de longo e 3 de alto, e da mellora da estrada na zona. As obras, financiadas pola Deputación da Coruña, mellorarán considerablemente a seguridade vial evitando un posible accidente do camión do lixo que sempre pasa por ese camiño.

Estas intervencións foron a principal demanda de varias asociacións locais como A Nosa Señora do Faro ou a Cofradía do Faro de Brantuas.

Camiño en Niñóns_Concello de Ponteceso