As obras están financiadas pola Deputación da Coruña
Xa están en marcha no concello de Ponteceso as obras de construción dun gran muro de contención en Niñóns, de 45 metros de longo e 3 de alto, e da mellora da estrada na zona. As obras, financiadas pola Deputación da Coruña, mellorarán considerablemente a seguridade vial evitando un posible accidente do camión do lixo que sempre pasa por ese camiño.
Estas intervencións foron a principal demanda de varias asociacións locais como A Nosa Señora do Faro ou a Cofradía do Faro de Brantuas.