Ponteceso mellora o equipamento do GES para a loita contra a velutina

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Ponteceso xa dispón de novo equipamento para desenvolver nas mellores condicións de seguridade o labor de loita e control da avespa velutina. Grazas ao acordo de colaboración que vén de asinar o Concello de Ponteceso coa Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), dentro do marco do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, o GES conta con dous equipos completos de protección persoal.

O alcalde, Lois García Carballido, e o concelleiro de Emerxencias, Faustino Lema Santiago, fixeron entrega ao GES dos novos dous equipos de protección individual (EPIS) co obxectivo de mellorar e reforzar o equipamento destinado a combater situacións de emerxencia e que, neste caso, estará orientada á loita contra a avespa velutina para garantir unha resposta máis eficaz e segura. O alcalde destacou a necesidade de «seguir mellorando os recursos que teñamos ao noso alcance para combater esta praga sen esquecer a seguridade das persoas que levan adiante este traballo».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha