Ponteceso mellorará a súa conexión móbil a través da empresa Llega700

1 minutes read
  • Nos próximos días activará o 4G e o 5G nas bandas de 700 e 800MHz

O Concello de Ponteceso comunica que a empresa Llega700 procederá nos próximos días a activar na vila a rede móbil de nova xeración, 4G e 5G, nas bandas de 700 e 800 MHz. Así, os veciños clientes de Telefónica, Vodafone ou Orange «gozarán dunha conexión móbil de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica», sinalan desde o consistorio.

Este proceso de implantación estase realizando de xeito paulatino por toda a xeografía española. Nesta ligazón é posible comprobar as localidades onde xa están activos estes servizos.

Llega700 tamén é a entidade elixida polo operadores para solucionar calquera afectación na recepción da sinal dos canais TDT. A empresa xestionará os problemas a través do 900 833 999 ou no correo electrónico ayuda@llega700.es.