- A oferta máis coñecida é a da aldea de Candelago (Corme), formada por 12 casas, que saíu ao mercado por 200.000 euros
O alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, anima aos propietarios de vivendas históricas baleiras a poñelas no mercado ante o gran éxito de Candelago: unha aldea de Corme formada por 12 casas que está á venda por 200.000 euros. Segundo expresou o rexedor, ducias de inversores de toda España, Andorra, Alemaña e Suíza chamaron ao Concello interesados polo lugar, sendo o único deshabitado dos 126 núcleos que forman Ponteceso.
Desde o consistorio apostan por darlle un uso turístico aos terreos, se ben lembran que é solo urbano polo que tamén «se pode
rehabilitar para vivendas». A Policía Local está vixiando a limpeza das parcelas urbanas sen edificar por toda a localidade para informar aos propietarios das obrigas de mantemento.